BENVIDO Á PÁXINA DA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA

(GRUPO DE AMIGOS DE MEAÑO)
Aquí poderás atopar diversos aspectos de interés ligados a esta
asociación e ás actividades que desenvolve (Carreira Popular, Carreira
de Camas, etc.), amén de diversos aspectos de interés sobre o concello
de Meaño, lugar onde se enclava esta entidade.
A asociación GAM xurde en 1989 como froito dunha xeración inqueda e como unha canle alternativa de ocio e tempo libre para involucrar á xente xoven de Meaño no desenvolvemento cultural e deportivo da localidade e por extensión de todo o Concello. A Carreira Popular de Meaño, considerada hoxe unha dos probas de atletismo popular máis importantes de Galicia, e a orxinal Carreira de Camas Sobre Rodas convertíronse nas principais bandeiras desta asociación que, a pesar de contar cun reducido número de socios, mostrou sempre un extraordinario dinamismo e altas doses de imaxinación.
ÚLTIMA HORA
Xa temos colgadas as clasificacións da XXIV CARREIRA POPULAR MEAÑO 2008. Existen listados por categorías e por circuítos.