CARREIRA POPULAR DE MEAÑO
A Carreira Popular de Meaño naceu en 1985 no seo dun colectivo de xóvenes metidos de cheo na organización de actividades culturais e deportivas, que contribuirán a espertar un maior dinamismo social na propia localidade de Meaño. Ese colectivo agrupábase en torno a unha entidade non legalizada que era a S. C. D. Meaño integrada daquela preto de 25 persoas que organizaba festivais, teatro, conferencias, etc., e que na primavera de 1985 decidíu por en práctica un novo proxecto: a Carreira Popular de Meaño.
Primeiros anos
A
primeira edición da Carreira celebrouse o primeiro domingo de maio do ano 1985,
para facela coincidir coa festa de Inmaculada Concepción que Meaño celebraba
nesa xornada. Cun presuposto que rondaba apenas 80.000 pesetas logrou congregar
daquela a uns 80 corredores. O circuíto era distinto ó actual e máis curto (en
torno ós 4 kms.), con meta mesmo diante do concello, á que se chegaba baixando
desde a de Otero pola estrada local PO-303. A boa acollida, con presencia incluída
de varios atletas veteranos vidos doutros concellos, animou á organización a
repetir a experiencia no ano seguinte, buscando xa de institucionalizar a proba.
Na
segunda edición (1986) a carreira cambiou de data e celebrouse o segundo
domingo de setembro, en coincidencia coa festa da Virxe dos Miragres, patrona do
concello. O cambio obedecía á posibilidade de contar con mellor tempo esas
datas e aproveitar, ademáis, o período de vacacións de verán dos membros da
organización, en boa parte estudiantes entonces, para preparar mellor os
pormenores da proba. Tamén se modificou o circuíto, que se alongou para a ocasión
ata ós 5 kms. e que xa se adentraba en Paradela desde Meaño para logo subir
hacia Galiñáns e ter a meta diante do concello vindo desde Simes pola local PO-303. Participaran preto dun centenar de atletas. A proba resultou un fracaso
organizativo: choveu a mares e o coche que servía de guía en cabeza de pelotón
trabucou o percorrido na metade o que obrigou a deter a carreira, voltar á zona
de meta e dar unha segunda saída.
Amigos da Carreira
Foi
precisamente ese fracaso o que espoleou ós membros da organización para
mellorar e “profesionalizarse” ó máximo cara a edición do 86. Por ese ano
desaparecera aquel embrión de entidade que pretendía ser a S.C.D. Meaño, pero
a Carreira sobrevivíu gracias a algunha daquela xente que se mantivo e que
asinou esos anos baixo o nome de “Amigos da Carreira”. Empezáronse a
visitar outras probas para aprender da súa organización, traballouse con maior
antelación, divulgouse con máis publicidade, estudiáronse os elementos que se
ían poñer en práctica..., todo para non repeti-lo fracaso do ano anterior.
Adoptouse, xa naquela edición, un circuíto moi semellante ó actual. Era a época
das xuntanzas nocturnas na terraza do Bar Solla, a falta de local propio.
Involucrados naquela organización estaban Xosé Antonio Vieitez, Tino Hermida,
Rafael Vidal, Guillermo Rodríguez, Antonio Reboredo e Baldomero Torres. O bo
traballo trouxo consigo un éxito pleno naquela terceira edición que dexiou
contentos a todos.
Atletas de primeira liña
As
edicións seguintes acabaron por consolidar a Carreira. Continuouse profundizando
na liña de “profesionalización”, incrementáronse as categorías,
adoptouse o circuíto actual (6,5 kms.) en 1987, etc. A fins dos anos 80 a
organización estabilízase ó conformarse a raíz do colectivo organizador a
asociación cultural e deportiva GAM (Grupo de Amigo de Meaño). Isto deu un
novo brío á Carreira que, aupada polo maior número de socios invlucrados
na organziación, buscou pronto novas metas. Acordouse conceder premios en
metálico ós primeiros clasificados e establecer trofeos de prata para as
categorías superiores. Incluso se formou unha comisión, con Guillermo Rodríguez
á fronte, para entrenar polas noites nun intento de animar ás xentes de Meaño
a participar na Carreira. Todo nun intento por gañar en participación, e
contar incluso con algúns corredores de alto nivel, co que a Carreira gañaría
en tódolos aspectos. A necesidade de incrementar presuposto fixo que a inicios
dos 90 a organización empezara a construir e pintar en locais propios vallas
publicitarias das firmas que decidían contratar publicidade estática para o día
da Carrreira. Isto maila axuda firme do concello fixo que o presuposto medrara
ata as 900.000 pesetas, e a participación acadara os 325-360 atletas
procedentes das catro provincias galegas (con presencia en Meaño de 30
municipios) e incluso norte de Portugal (1992). Empezaban a desembarcar en Meaño
atletas de gran nivel, moitos dos cales inscribiron o seu nome como vencedores:
Carlos de la Torre, Alexandre Gómez, Serafín Portela, Elisardo de la Torrre,
Anne Middle, Alcira Lario, Solead Castro, Esther Pedrosa, etc.
Homenaxe a Rosales
Na
duodécima edición (1996) a Carreira vivíu outro salto decisivo. A organización
decide facer desa edición unha homenaxe ó campeón do mundo de marathón en
categoría de veteranos, Manuel Rosales, pola súa fidelidade para con esta proba
desde os primeiros anos. A instancias da asociación GAM o Concello acorda a
concesión da insignia de prata ó atleta marinense, quen á súa vez doaba, no
momento de recollela no mesmo día da Carreira en Meaño, a medalla de ouro que
gañara no Campeonato do Mundo de Maratthón celebrado Birmingham (Inglaterra)
no ano 91. Foi un ano decisivo: a Carreira superou os 400 participantes, gañaba
Elisado de la Torre e a proba consolidábase como unha das grandes de Galicia.
Concello,
albariño e informática
A
organización seguía a permañecer atenta para manter elementos que funcionaban
ben e traballaba desde a autocrítica para seguir incorporando melloras.
Destacar en canto a isto que en 1997 incorpórase un programa informático
confeccionado por Santi Alfonso, programa que a partir dun sistema de dorsais
propios provistos dun código de barras asimila, a través dun lector, os datos de
cada corredor no momento da súa entrada en meta. Este sistema, vixente desde
entonces, permite confeccionar en pocos minutos unha clasificación exacta, e por tempo real,
de cada categoría, circuíto ou xeral, ademáis de minimizar a posibilidade de erros na asignación dos premios. Mencionar tamén a colaboración
que presta desde 2007 a firma Albariño Rosalía de Castro, que da desde entón nome á
proba como “Gran Premio Albariño Rosalía de Castro”, consistente na entrega ós
gañadores,
tanto masculino como feminino, do equivalente ó seu peso en botellas deste
prestixioso Rías Baixas.
Nos últimos anos o presuposto da Carreira Popular ronda a cifra de 7.212 euros, ou 1.200.000 pesetas. A participación móvese en torno ó 430-514 atletas. Atletas que como García Gendra, Carlos Adán, Jesús de la Fuente, Manuel Pena, Pedro Nimo, María Abel, Fátima Paz, Griselda González, Mª Jesús Gestido ou Leonor Carneiro inscribron o seu nome como vencedores nestas últimas edicións. O récord da proba no circuíto de 6,5 kms. está, desde o 2001, en poder de Jesús De la Fuente (Santiago) cun tempo de 18'02''.