CAPITULO I
DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO
Artigo.1°.- Coa denominación ASOCIACION CULTURAL E DEPORTIVA "GAM" (Grupo de Amigos de Meaño), constitúese unha ASOCIACIÓN ó amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de Marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.
Artigo 2°.- Esta asociación constitúese por tempo indefinido.
Artigo 3°.- A existencia da asociación ten como fins: fomentar, promocionar e divulga-la cultura e o deporte en xeral, pois recoñécense que son un medio ó servicio do pleno desenvolvemento da persoa.
Artigo 4°.- A Asociación establece o seu domicilio social na localidade de MEAÑO, Campo da Feira, C.P 36968, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
CAPITULO II
ÓRGANO DE
REPRESENTACIÓN
Artigo 5º.- A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: un Presidente, un Vicepresidente, un Tesoureiro, un secretario e os vocais que se consideren oportunos. Tódolos cargos que compoñan a Xunta Directiva serán gratuítos. Estes serán designados e revocados pola Asamblea Xeral Extraordinaria, e o seu mandato terá un período de vixencia de dous anos.
Artigo 6º.- Estes poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das súas obrigas que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.
Artigo 7º.- Os membros da Xunta Directiva que esgotaran o prazo polo cal foron elixidos, continuarán ostentando os seus cargos ata o momento no que se producise a aceptación dos que os substitúan.
Artigo 8º.- A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente e a iniciativa ou a petición dun tercio dos seus membros. Quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros, e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría dos votos. En caso de empate, o voto do Presidente será de calidade.
Artigo 10º.- Facultades da Xunta Directiva: As funcións da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral, a tódolos actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asamblea Xeral.
Son facultades particulares da Xunta Directiva:
1. Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realiza- los oportunos contratos e actos.
2. Executa-los acordos da Asamblea Xeral.
3. Formular e someter a aprobación da Asamblea Xeral os Balances e Contas anuais.
4. Resolver sobre a admisión dos novos asociados.
5. Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.
6. Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asamble Xeral dos socios.
Artigo 11º.- O presidente, e no seu defecto o Vicepresidente, é o representante legal da Asociación e presidirá a Asamblea Xeral e a Xunta Directiva, decidindo co seu voto en casos de empate e exercerá as funcións específicas que a Asamblea Xeral lle confira.
Artigo 12º.- O tesoureiro será o depositario da Asociación, levará os libros de contabilidade, preparará os presupostos e contas que deban someterse á Asamblea, e terá firma bancaria co Presidente e co Secretario (ditas firmas serán conxuntas).
Artigo 13º.- O Secretario coidará do arquivo da documentación, redactará cantos documentos afecten á marcha da administración da asociación e levará o Libro de Rexistro de Asociados e o Libro de Actas.
Artigo 14º.- Correspóndelles ós vocais presidi-las comisións ou delegacións que a Xunta Directiva estime oportuno crear.
Artigo 15º.- As vacantes que se puideran ocasionar durante o período de mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral Extraordinaria.
CAPÍTULO III
ASAMBLEA XERAL
Artigo 16º.- A Asamblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación, estará integrada por tódolos socios:
1. Tódolos socios terán dereito a asistiren á mesma con voz e voto.
2. Quedará validamente constituída coa metade máis un dos socios en primeira convocatoria, unha hora mais tarde en segunda convocatoria; en caso de que na segunda convocatoria non se alcanzase a metade máis un dos socios, media hora despois, en terceira convocatoria, con calquera número dos membros presentes (tanto se é a Asamblea ordinaria como extraordinaria).
3. Reunirase con carácter extraordinario como mínimo unha vez ó ano.
Reunirase con carácter ordinario:
1. Cando o estime oportuno a Xunta Directiva.
2. A petición dun tercio dos socios en activo, presentada en escrito formalizado.
3. Será convocada con quince días de antelación en sesión ordinaria e con dez días en sesión extraordinaria, indicando en ámbolos casos a Orde do día.
4. As decisións da Asamblea tomaranse por maioría (a metade máis un) dos socios asistentes.
5. En caso de empate procederase a unha segunda votación, si o empate persiste decidirá o voto do presidente.
Artigo 17º.- Corresponde á Asamblea Xeral:
1. Elixir presidente e membros da Xunta Directiva mediante sufraxio persoal, libre, directo e secreto, de tódolos socios con dereito a voto.
2. Discutir e aprobar, se procede, a memoria anual, a liquidación do exercicio social, o balance e a rendición de contas.
3. Aproba-lo presuposto de ingresos e gastos.
4. Coñecer, discutir e aprobar, no seu caso, as propostas da Xunta Directiva.
5. Estudiar e resolve-las proposicións formuladas polos socios (con debida antelación), e que deberan ir firmadas como mínimo polo cinco por cento dos mesmos.
6. Propoñe-la modificación dos presentes estatutos.
7. Coñecer e ratifica-las altas e baixas dos asociados.
Artigo 18º.- A orde do día da Asamblea Xeral ordinaria contará obrigatoriamente cos seguintes puntos:
1. Lectura da acta anterior.
2. Lectura da memoria que recolla as actividades da Asociación.
3. Estado de contas da asociación.
4. Pregos e preguntas.
CAPITULO IV
DOS SOCIOS
Artigo 19°.- O número de socios será ilimitado, e considéranse tales tódalas persoas maiores de 18 anos con capacidade de obrar, e que se inscriban no rexistro da Sociedade. Admítense tamén socios xuvenís, maiores de 14 anos, sen dereito a ser electores nin elixibles ata a maioría de idade.
Artigo 20º.- Establécese o principio de igualdade de tódolos asociados sen discriminación de raza, sexo, relixión ou ideoloxía, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Artigo 21°.- Os asociados teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades.
2. Asistir as asambleas.
3. Elixir e ser elixido para os órganos de goberno (excepto os socios xuvenís).
4. Dimitir de calquera cargo que ostente.
5. Ser informados das actividades da Asociación e dos acordos tomados por tódolos órganos de goberno.
Artigo 22°.- Son obrigas dos socios:
1. Cumprir o presente estatuto.
2. Desempeñar a función de cargo que ostente.
3. Coidar ó máximo os enseres, mobles e inmobles, xa que por seren patrimonio de todos, a todos incumbe o seu coidado.
4. Ser correcto no trato cos outros asociados e axudar a unha mellor convivencia dentro da Asociación.
5. Paga-la cuota acordada pola Asamblea.
Artigo 23º.- Para ser admitido como socio será necesario:
1. Solicitalo á Xunta Directiva.
2. Satisface-la cuota de ingreso correspondente.
Artigo 24º.- A condición de asociado pérdese:
1. Por vontade propia.
2. Por falta de pago das cuotas.
3. Por acordo da Xunta Directiva, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia do interesado, que deberá ser ratificado na primeira Asamblea Xeral que se celebre.
CAPÍTULO V
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 25º.- No momento da súa fundación esta Asociación Deportiva e Cultural nace sen patrimonio fundacional algún. O que no futuro poida ter estará integrado por:
1. As aportacións económicas dos socios que aprobe a Asamblea Xeral.
2. Os donativos e subvencións que se reciban de calquera persoa ou entidade.
3. Os resultados económicos que poidan produci-los actos que organice a entidade.
4. Os intereses que produzan os fondos anteriores.
Artigo 26º.- Para levar a cabo as actividades previstas no artigo 1 destes estatutos, esta Asociación intentará contar cun presuposto anual de 1.500 euros, aproximadamente.
Artigo 27º.- Queda expresamente excluído como fin da Asociación o ánimo de lucro, e non poderá destinar os seus bens a fins industriais, comerciais, profesionais e de servicios, nin expresar actividade de igual carácter coa finalidade de repartir os seus beneficios entre os socios.
A totalidade dos ingresos deberá aplicarse ó cumprimento das súas fins sociais.
CAPÍTULO VI
DISOLUCIÓN
Artigo 28º.- Disolverase voluntariamente cando así o acorde a Asamblea Xeral Extraordinaria, convocada ó efecto, por maioría de 2/3 dos asociados.
Artigo 29º.- No caso de disolución, nomearase unha comisión liquidadora a cal, unha vez extinguida-las débedas, e se existise sobrante líquido, destinarao para fins benéficas.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.
En Meaño, a 30 de xuño de 2003